Andrea Maria Rodriguez Vazquez foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 12 kW nominais e acumulación de 15 kWh, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentable a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 5,7 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.
Para a execución do proxecto, Andrea Maria Rodriguez Vazquez obtivo para o establecemento HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIA o apoio do programa de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos foron xestionados pola Axencia Turismo de Galicia e ascenderon o importe de 22.240,00€
Mar da Ardora
Calle Mar de Fora 17
Fisterra 15155 - A Coruña
Telf.: +34 667 641 304
info@hotelmardaardora.com
Reserva desde nuestra página web y disfruta de un acceso gratuito a nuestro Welness Spa durante 1 hora.